Tropezón do Cadete B ante o Santiago de Compostela
O Cadete B encadeou a súa segunda derrota consecutiva no grupo primeiro da liga Galega (o pasado fin de semana perdeu en Oroso) ao caer en Abegondo ante o Santiago de Compostela (2-3), nun partido que se decidiu nos instantes finais.
O partido puido ser para calquera dos dous equipos, pero os santiagueses chegaron máis frescos ao final e decidiron. Rares e Concheiro anotaron os goles branquiazuis.
Con este resultado, o Cadete B cae á terceira posición con 32 puntos. Por diante marchan o Xuventude de Oroso (34 puntos) e o Calasanz, líder con 38 puntos.
Cadete B: Manu, Roque, Fito, Landeira, Pol, Martínez, Alex M., Rares, Jorge, Concheiro e Docarmo. Tamén xogaron: Iván, Espeso, Toni e Yago.
O equipo márchase de vacacións de Nadal. A liga renovarase o sábado 7 de xaneiro coa visita do Cadete B ao Dumbría.
Os resultados do CadeteB na liga son os seguintes:
Cadete B 6 (Roque, Martínez, Mario, Jorge -2- e Portas) - Lugo B 0 Conxo 1 - Cadete B 4 (Docarmo -2-, Concheiro e Landeira) Cadete B 3 (Martínez, Mario e Iván) - Bertamiráns B 1 Vitoria B 1 - Cadete B 3 (Mario, Fito e Rares) Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 1 (Roque) Cadete B 9 (Roque, Espeso, Pol -2-, Iago -2-, Fito, Portas e Iván) - Porto de Burela 0 Viveiro A 3 - Cadete B 1 (Jorge) Cadete B 4 (Concheiro -2-, Roque e Mario) - Ural B 0 Calasanz 3 - Cadete B 3 (Rares, Fito e Pol) Cadete B 3 (Martínez, Fito e Rares) - EF Lalín 1 Boiro 0 - Cadete B 2 (Landeira e Roque) Racing de Ferrol B 0 - Cadete B 3 (Fito, Iván e Espeso) Cadete B 6 (Mario -2-, Pol, Rares -2- e Iago) - Racing Vilalbés 0 Xuventude de Oroso 4 - Cadete B 1 (Pol) Cadete B 2 (Rares e Concheiro) - Santiago de Compostela 3