Últimas catro sesións para recibir este venres á UD Almería en ABANCA-RIAZOR
Após o paréntese da fin de semana sen liga pola expulsión do CF Reus, o Deportivo continúa mañá luns 18 de marzo coa preparación da seguinte cita ligueira, a visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR, prevista para o venres 22 de marzo (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV).
Natxo González disporá de 4 sesións de traballo, todas matinais e nun principio todas en Abegondo ás 11:00. A estas hai que sumar as 4 xa realizadas a pasada semana, dedicadas fundamentalmente á recuperación do cadro.
Como é habitual esta temporada, os futbolistas reuniranse para almorzar e comer todos os días de adestramento.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 18 de marzo 11:00: Adestramento en Abegondo
Martes 19 de marzo 11:00: Adestramento en Abegondo
Mércores 20 de marzo 11:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 21 de marzo 11:00: Adestramento en Abegondo
Venres 22 de marzo 21:00: Deportivo - UD Almería, en ABANCA-RIAZOR