RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Últimos catro días para retirar os abonos de internet no Palacio dos Deportes de Riazor

Para unha atención máis áxil dos miles de Deportivistas que renovaron ou deron de alta o seu abono vía online, desde o pasado xoves 24 e até o vindeiro xoves 8 de outubro, os carnés están dispoñibles unicamente nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

O Real Club Deportivo recomenda a todos os seus socios que aproveiten estes catro últimos días nesa localización para poder ter o seu carné e facer uso do mesmo no inminente comezo da temporada.

O horario de atención neste punto será, de luns a xoves, de 10 a 14 e de 16 a 20 h.

A partir do venres os carnés non retirados poderán recollerse na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR no seu horario comercial habitual, de luns a sábado de 10:00 a 20:30 h.