RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un circuíto de forza con finalizacións 'recibe' ao Dépor no seu regreso aos adestramentos

O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos despois dun inicio de semana atípico, posto que houbo descanso o domingo, traballo o luns e novo parón onte martes antes de arrancar hoxe definitivamente a semana previa á visita ao Real Racing Club deste domingo 24 de outubro ás 12:00 en El Sardinero (Footters).

O corpo técnico 'recibiu' esta asollada mañá ao cadro cun circuíto de forza por grupos con finalizacións. Un exercicio de fútbol con porterías pequenas no campo 2, un traballo táctico ofensivo no 3 e fútbol en espazo reducido completaron unha intensa xornada sobre o céspede, que se prolongou por riba das dúas horas de duración.

Tiveron adestramento específico Pablo Trigueros e Alberto Benito; posto que Valín completou xa toda a sesión co grupo.

Sen Noel, citado polo Xuvenil A para o histórico partido desta tarde en ABANCA-RIAZOR da UEFA Youth League, os representantes de #ANOSACANTEIRA na sesión de hoxe mércores foron Trilli, Yeremay, Brais Val e Alberto.

O cadro branquiazul está citado de novo mañá xoves 21 de outubro ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR para a habitual sesión semanal a porta pechada.