RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un novo canteirán, Dani Barcia, debuta ás ordes de Fernando Vázquez

Un novo representante de #ANOSACANTEIRA, o xuvenil Dani Barcia, debutou esta mañá ás ordes do primeiro equipo.

Este defensor coruñés (17 de xaneiro de 2003), formado na Cidade Deportiva desde o Benxamín B, compartiu sesión en Abegondo hoxe cos Borges, Álex Bergantiños, Bóveda, Salva Ruiz, Rolan, Borja Granero...

Titular no centro da zaga do Xuvenil A de División de Honra, Dani Barcia vai sumando etapas na súa carreira e uniuse hoxe ao resto de canteiráns que Fernando Vázquez tivo á súa disposición: David Suárez, Iván Guerrero, Pablo Brea; ademais dos que xa forman parte do primeiro equipo: Gandoy e Mujaid.

É habitual que polo menos unha sesión á semana o corpo técnico conceda a varios futbolistas de #ANOSACANTEIRA a oportunidade de adestrar cos profesionais. Ademais dos citados, este ano xa pasaron outros futbolistas como Trilli, Villares ou Boedo.

Co partido de Guijuelo deste domingo 22 de novembro (17:00 horas, Footters) entre cella e cella, o técnico deportivista dispuxo como tarefa principal do día unha serie de partidos a metade do campo 2, en espazo reducido. Xa advertiu Álex Bergantiños, en rolda de prensa, do que se vai a atopar o conxunto branquiazul no Estadio Municipal de Guijuelo: "Estes equipos como todos os que teñen estes campos, diferente ao resto da media da categoría, teñen dúas caras. En casa son moi fortes. Aí están os números, que levan máis dun ano sen perder no seu campo".

Hoxe xoves adestráronse á marxe do grupo Derik, Juan Rodríguez, Valín e Adri Castro, este en o seu domicilio cun plan específico de traballo.

Mañá venres 20 de novembro, o Dépor continúa a súa preparación na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.