RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Unha vintena de alumnos dos DéporCampus Cabreiroá 2020 adestraron con #ANOSACANTEIRA en Abegondo

Como cada ano, preto dunha vintena de nenos e nenas participantes nos DéporCampus Cabreiroá 2020 acudiron convidados á Cidade Deportiva de Abegondo este luns 14 e martes 15 de xuño para que puidesen coñecer de primeira man as instalacións deportivistas e vivir unha experiencia de adestramento cos equipos de #ANOSACANTEIRA.

O luns foi a quenda dos xogadores en idade infantil e o martes tocoulles a benxamíns e alevíns. Todos eles foron seleccionados polos adestradores do RC Deportivo polo seu comportamento, a súa dedicación e por representar os valores Dépor nas diferentes sedes dos DéporCampus Cabreiroá do pasado verán.

Ao longo dos DéporCampus Cabreiroá 2021, os adestradores volverán seleccionar entre todos os participantes a varios nenos e nenas de diferentes idades para que poidan vivir esa experiencia lúdica e deportiva.

Os DéporCampus Cabreiroá están organizados pola Fundación RC Deportivo e están destinados a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos, cunha duración dunha semana (de luns a venres) en cada unha das 13 sedes e un horario de 10:00 a 14:00 horas.

As 13 sedes dos DéporCampus Cabreiroá 2021 son Abegondo, Arteixo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte de Lemos, Ourense, Silleda, Terras de Maside, Viveiro e Zas.

Os interesados poden consultar toda a información e realizar o proceso de inscrición nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.