RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Validez e devolución de entradas Dépor-Betis

Todas as entradas emitidas para o Dépor-Betis que debía disputarse o pasado venres 3 ás 20:45 no estadio municipal de Riazor teñen validez para o día e a hora que se fixen para a disputa definitiva do encontro.

No caso dos afeccionados que non poidan facer uso da entrada na data que finalmente se determine, estas poden devolverse a partir do luns 6 febreiro. O importe das mesmas será reintegrado na súa totalidade.

A xestión pódese levar a cabo na Oficina de Atención ao Deportivista de Riazor no seu horario habitual de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres. Para máis información 981 259 500 (Oficina de Atención ao Deportivista - Extensión 1)