RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Venda da segunda remesa de entradas para o Unionistas-Dépor do domingo

O Unionistas de Salamanca CF notificou este mediodía ao RC Deportivo a dispoñibilidade de máis entradas para o partido desta fin de semana polo que, en atención ao interese que os Deportivistas mostraron por poder asistir a este encontro, póñense á venda para que aquelas socias e socios que non puideron comprar a súa localidade poidan ter posibilidade de acudir.

O venres 24 ás 10:00 h. abriranse os despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR para a venda esta segunda remesa de 200 entradas postas a disposición polo Unionistas de Salamanca CF para o partido da quinta xornada de Primeira RFEF Footters que se disputa no Reina Sofía o domingo 26 de setembro ás 12:00 h. (Footters).

Previamente, o RC Deportivo notificará persoalmente ás socias e socios que o pasado luns quedaron na cola ás portas de conseguir a súa localidade para o partido se manteñen o seu interese en adquirilas e como disporán delas ao longo do día de mañá. O resto de localidades dispoñibles venderanse directamente no despacho de billetes até o peche da Oficina ou completar o aforo dispoñible.

As entradas venderanse na avenida de La Habana s/n de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas é de 20 euros para maiores de 18 anos. Juniors (entre 7 e 17 anos, ambos inclusive): 10 euros, Infantil (menores de 7 anos): 5 euros. Cada socio poderá adquirir co seu carné un máximo de 2 localidades por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI (ou unha fotocopia/imaxe dixital) tanto do socio que realiza a compra como do outro destinatario dos tickets.