RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Victoria in extremis na ida dos cuartos de final de Copa de Campións

O Xuvenil A derrotou pola mínima (2-1) á UD Las Palmas no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións da División de Honra. O partido de volta será a próxima fin de semana en Las Palmas de Gran Canaria. 

Nájera, aos dous minutos de xogo e após un gran pase de Mella, puxo en vantaxe aos branquiazuis. O Xuvenil A dispuxo de varias ocasións para ampliar o marcador, pero foi a UD Las Palmas, por medio de Andy, quen poría as táboas no marcador no minuto 22.

O partido, e quen sabe se a eliminatoria, decidiuse no minuto 87, cando un gol de Do Carmo fixo xustiza aos méritos do Xuvenil A.

Xuvenil A: Brais, Trilli, Guille Bueno, Fito, Dani Barcia, Brais Val, Víctor, Mario, Noel, Nájera e Mella. Tamén xogaron: Do Carmo, Jairo, Padín, Yeremay e Nico.

En caso de superar á UD Las Palmas, o rival do Xuvenil A en semifinais, a partido único, será o vencedor dos cuartos de final entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid.

O Xuvenil A accedeu á Copa de Campións como campión do Grupo 1 con 53 puntos; por diante do RC Celta (51 puntos) e Sporting de Gijón (50 puntos).