RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vídeo, rondos e fútbol tenis, tarefas de hoxe venres no Dépor

Fernando Vázquez rebaixou esta mañá a carga de traballo para o Dépor, a pouco máis de 48 horas de visitar á SD Compostela o domingo 25 de outubro no Estadio San Lázaro Vero Boquete (17:00 horas, TVG).

A mañá arrancou no vestiario cunha sesión de vídeo de case unha hora de duración.

Xa sobre o céspede, os futbolistas branquiazuis realizaron un quecemento, rondos e fútbol tenis. A continuación pasáronse pola padiola dos fisioterapeutas nunha mañá de recuperación física.

Derik non saltou ao céspede, do mesmo xeito que o 'tocado' Héctor Hérnandez; mentres que Rolan continúa en Uruguai.

Mañá sábado 24 de outubro, o Dépor adestrará de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.