RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vitorias do Alevín A e do Benxamín A no arranque da xornada semanal en #ANOSACANTEIRA

Os alevíns e os benxamíns do Deportivo foron os protagonistas hoxe xoves 17 de xuño no campo de herba sintética de Abegondo no arranque da xornada semanal en #ANOSACANTEIRA.

Ás 20:00 horas, o Alevín A impúxose (3-1) ao Fabril FC Alevín na gran final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. Ambos os conxuntos chegaron a este partido após ser campións dos seus respectivos subgrupos.

Unha hora antes, ás 19:00 horas, o Benxamín A dobregou (6-0) ao Fabril FC Benxamín na primeira xornada da Fase Final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. O Atlético Coruña Montañeros CF A completa este grupo. Os tres equipos quedaron campións dos seus respectivos subgrupos na primeira fase. Neste caso o formato de competición é de liga a unha soa volta.

O domingo 20 ás 11:00 na Torre enfróntanse o Benxamín A e o Atlético Coruña Montañeros CF A, con motivo da segunda xornada. O Fabril FC Benxamín ten xornada de descanso.

O sábado, tamén na Cidade Deportiva branquiazul, Cadete A (17:30 ante o San Tirso SD) e Infantil A (11:30 fronte ao CD Lugo) buscarán o pase ás semifinais da División de Honra e Liga Galega respectivamente na última xornada da segunda fase.

Ademais, no campo Víctor Fernández Alonso (antigo campo da Leyma), o Alevín disputará (19:30 horas) ante o Atlético Coruña Montañeros CF a semifinal da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once.

Xa o domingo 20 de xuño, a Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG 2) e a súa plataforma web www.crtvg.es/deportes/directo, ofrecerá en directo desde o Anexo al Estadio de Gran Canaria a partir das 12:00 h. o partido de volta de cuartos de final da Copa de Campións Xuvenís que enfronta ao RC Deportivo e á UD Las Palmas, con vantaxe para os branquiazuis de 2-1 tralo partido disputado en Abegondo.

En caso de superar á UD Las Palmas, o rival deportivista en semifinais, a partido único, será o vencedor dos cuartos de final entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid. Na ida venceron os brancos (2-1).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, volta: UD LAS PALMAS - XUVENIL A, o domingo 20 de xuño ás 11:00 (12:00 na península ibérica) no Anexo al Estadio Gran Canaria. Na ida: 1-2

Categoría cadete
3ª xornada: SAN TIRSO SD - CADETE A, o sábado 19 de xuño ás 17:30 en Abegondo (campo principal)
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo A2: 1. Cadete A, 6 puntos; 2. RC Celta, 5 puntos; 3. Arosa SC, 4 puntos; 4. San Tirso SD, 2 puntos

Categoría infantil
Amigable (xogado onte mércores): SAN TIRSO SD B (cadete) 3 - INFANTIL A 4 (José Rey -2-, Jairo e Jhonny)

3ª xornada: INFANTIL A - CD LUGO, o sábado 19 de xuño ás 11:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, segunda fase, subgrupo A1 norte: 1. Infantil A, 8 puntos; 2. CD Lugo, 6 puntos; 3. San Tirso SD, 2 puntos...

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, semifinal: ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 19 de xuño ás 19:30 no campo Víctor Fernández Alonso (antigo campo da Leyma)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, final: ALEVÍN A 3 (Paulo -2- e Gael) - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Guille)

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, Fase Final, 1ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Íker -3-, Mario, Yael e Thiago) - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, Fase Final, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A - BENXAMÍN A, o domingo 20 de xuño ás 11:00 na Torre (campo 1.1)