RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Viveiro recupera o seu DéporCampus Cabreiroá após non poder organizalo en 2020 pola pandemia

Viveiro acolleu este mércores 9 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que se realizará na devandita localidade lucense.

Despois dun ano 2020 onde non puido levar a cabo a actividade polas dificultades xurdidas pola alta incidencia da pandemia de COVID-19 na zona, volve este ano un dos DéporCampus Cabreiroá con máis edicións e con máis éxito da Fundación RC Deportivo.

Á presentación asistiron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de deportes de Viveiro; Paco Rojo, directivo do Viveiro CF; e Antonio Serrano, adestrador local do DéporCampus Cabreiroá; xunto a Albert Gil, Carlos Ballesta e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, en representación do Club branquiazul.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 5 e 9 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 1 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.