RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Volta ao traballo no Dépor con sesión suave para os titulares en Granada

O Deportivo comezou a semana co cadro dividido en 2 grupos. Os titulares o pasado domingo no Estadio Nuevo Los Cármenes realizaron un quecemento e fútbol tenis. A continuación, todos eles pasáronse polo ximnasio e a padiola dos fisioterapeutas, para tarefas de recuperación física.

Para os demais integrantes do primeiro cadro, ademais do meta fabrilista Pedro López, houbo un exercicio de posesión e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Adestráronse á marxe do grupo Vicente Gómez, Krohn-Dehli, Carlos Fernández e Pedro Sánchez. Estes dous últimos futbolistas saltaron ao céspede baixo a supervisión do readaptador Fran Molano.

Mañá mércores, o equipo continuará en Abegondo (11:00 horas) coa preparación do partido deste sábado 16 de febreiro en ABANCA-RIAZOR ante o Nàstic de Tarragona (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).