RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ximnasio e estratexia para o Dépor xa con Gaku, o último internacional en regresar a Abegondo

Gaku Shibasaki foi a novidade no adestramento desta mañá en Abegondo.

O internacional xaponés completou o primeiro adestramento tralo seu recente paso pola selección de Xapón.

A Gaku só quédalle a sesión de mañá venres ás 11:00 horas en Abegondo antes do partido ante o AD Alcorcón, previsto para o sábado 23 de novembro en ABANCA-RIAZOR (18:00 horas, Movistar LaLiga).

Os outros dous internacionais, Montero e Lampropoulos, xa se adestraron onte co Dépor na sesión a porta pechada no estadio.

Esta mañá, como é habitual 2 días antes de cada partido, Luis César rebaixou a intensidade. Así, após un paso polo ximnasio, os futbolistas saltaron ao céspede do campo 2 para realizar un repaso ás accións a balón parado. Uns rondos e xogos de habilidade con balón puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Están con adestramento específico David Simón, Salva Ruiz e Jovanović, este último xa co readaptador, Fran Molano.

Mujaid foi o único fabrilista que hoxe estivo co primeiro equipo.