Xornada de descanso hoxe para un Dépor ABANCA que regresa mañá ao traballo
O Deportivo ABANCA goza hoxe martes de xornada de descanso. Manu Sánchez aproveitará esta circunstancia para comparecer ante os medios de comunicación esta tarde ás 18:00 en Abegondo.
Mañá mércores, o cadro branquiazul volve aos adestramentos para comezar a preparar xa a visita ao Madrid CFF deste sábado 19 de decembro (13:00 horas) no Estadio Matapiñonera de San Sebastián de los Reyes.
O Dépor ABANCA completará en Abegondo tres adestramentos previos ao choque ante o conxunto madrileño, correspondente á 12ª xornada na Primera Iberdrola.
A planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 16 de decembro 17:00 h
Xoves 17 de decembro 17:30 h
Venres 18 de decembro 15:30 h
Sábado 19 de decembro 13:00: Madrid CFF - Deportivo ABANCA, no campo Matapiñonera (San Sebastián de los Reyes)