RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xusto triunfo do Deportivo ABANCA no derbi coruñés ante o Victoria CF

O Deportivo ABANCA logrou un xusto e merecido triunfo (1-4) ante o Victoria CF no derbi coruñés do grupo 1º da Segunda División Nacional.

O conxunto deportivista disputou un encontro serio, e gozou ademais de máis oportunidades para que o marcador fora máis amplo.

Gaby, Peke, Estefi e Nuria foron as goleadoras branquiazuis neste partido pertencente á 12ª xornada.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA suma 34 puntos á fronte do grupo, por 33 do segundo clasificado, o Oviedo Moderno.

Deportivo ABANCA: Malena, Raquel, Miriam, Mérida, Teresa, Iris, Nuria, Sara, Lía, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Jone, Estefi, María Corral e Oreiro.

A vindeira fin de semana, o Deportivo ABANCA recibe en Arteixo ao CPM Friol.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)