RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Xusto triunfo do Fabril sobre o Céltiga

O Fabril logrou esta mañá en Abegondo un xusto triunfo sobre o Céltiga (1-0). O filial deportivista dominou todas as facetas do xogo e foi o que dispuxo das máis claras oportunidades de gol.

A mala fortuna unhas veces ou a falta de puntaría noutras fixo que o marcador só quedouse nun 1-0, grazas ao acerto de Jardel no minuto 33.

Con este resultado, o Fabril segue instalado comodamente no liderado da Terceira División con 71 puntos. O calendario ademais favorece aos fabrilistas nos catro partidos que restan para acabar a liga, que serán ante rivais da zona baixa da clasificación: Alondras, Castro, Dubra e As Pontes.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Nacho Monsalve, Lucas, Edu, Óscar, Queijeiro, Jardel, Manu Molina e Álex Corredera. Tamén xogaron: Jorge Carreón e Pedro.

O vindeiro domingo 23 de abril, o Fabril visita ao Alondras, a partir das 12:00 no campo do Morrazo.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arosa 2
Órdenes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2  - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arosa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 2 (Óscar -2-) - Órdenes 0
Villalonga 0 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 3 (Borja Galán, Borja Domingo e Queijeiro) - Rápido de Bouzas 0
Choco 0 - Fabril 1 (Óscar)
Fabril 2 (Queijeiro e Borja Domingo) - Cerceda 0
Negreira 0 - Fabril 2 (Óscar e Álex Corredera)
Fabril 1 (Edu) - Barbadás 0
Fabril 2 (Borja Domingo e Óscar) - Racing Villalbés 2
Ribadumia 1 - Fabril 1 (Manu Molina)
Fabril 1 (Jardel) - Céltiga 0