RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Yván Castillo despídese do Dépor "porque é o momento de estar preto da familia"

Yvan Castillo Sentís (Mòra La Nova, Tarragona) deixa de ser adestrador de porteiros do primeiro equipo por motivos familiares.

O técnico tarraconense cre que nestes momentos de pandemia mundial é hora de "estar preto a familia" pero di adeus "eternamente agradecido ao Deportivo e a súa afección de Primeira pola confianza desde o primeiro até o último día".

É máis, asegura que "o sentimento profundo que sinto por estas cores e toda a súa xente fan que alá onde estea sempre me vou a sentir un deportivista e un coruñés máis".

Yván Castillo chegou ao Dépor en xuño de 2018 procedente do Reus Deportiu. Formou parte dos corpos técnicos de Natxo González, José Luis Martí, Juan Antonio Anquela, Luis César e Fernando Vázquez durante as 2 temporadas no banco de ABANCA-RIAZOR, nas que quedou a un paso de subir a LaLiga Santander.

O Club quere agradecer a Yván a súa dedicación e profesionalidade nestas 2 temporadas e desexarlle moita sorte e moitos éxitos na súa carreira como técnico.