RCD / #ANOSACANTEIRA / CADETE B

CADETE B

Filtros

Buscar
Reset

12/11/2016 20:58 |

Traballado triunfo do Cadete B en Boiro

Dous goles, de Landeira e Roque, selaron o traballado triunfo do Cadete B en Boiro (0-2), en partido pertencente á undécima xornada da liga Galega. Con este resultado, o Cadete B mantense nas posicións de cabeza da clasificación con 26 puntos.

06/11/2016 18:01 |

O Cadete B tumba ao EF Lalín cunha boa segunda parte

O Cadete B tumbó ao EF Lalín (3-1) grazas sobre todo a unha boa segunda parte deportivista, después dunha primeira metade igualada. Martínez, Fito e Rares foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o Cadete B é líder do grupo con 1º da liga Galega con 23 puntos, os mesmos que o Calasanz, aínda que éste cun partido menos. Terceiro na clasificación é o Racing de Ferrol B, con 21 puntos.

30/10/2016 20:38 |

Cadete B e Calasanz repártense os puntos nun partido de ida e volta

Nun partido de constantes alternativas no marcador durante a segunda metade, o Calasanz e o Cadete B empataron (3-3) un choque pertencente ao grupo 1º da liga Galega. O conxunto branquiazul foi capaz de remontar un 0-2 en contra para situarse cun 2-3. Con todo, na recta final, os colexiais lograron igualar. Rares, Fito e Pol foron os goleadores deportivistas. Con este resultado, o Cadete B e o Calasanz marchan igualados a 20 puntos na cabeza da clasificación, aínda que os colexiais teñen un partido menos.

517-528 de 555