RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA xoga mañá o Torneo Concello de Friol

O Deportivo ABANCA disputa mañá martes 15 de agosto o Torneo Concello de Friol, na modalidade de 'tres nun', co CPM Friol e a Victoria FC de Santiago como rivais. Será no campo da Reigosa, na citada localidade lucense.

A orde de partidos é o seguinte:

19:00: DEPORTIVO ABANCA - VICTORIA FC

20:00: CPM FRIOL - PERDEDOR DO PRIMEIRO PARTIDO

21:00: CPM FRIOL - VENCEDOR DO PRIMEIRO PARTIDO

Manu Sánchez, técnico deportivista, leva a 22 futbolistas, posto que a idea é xogar cada encontro cun once distinto. As convocadas son: Malena, Sheila, Miga, Silvia Mérida, Laura, Patri, Iris, Tere Abelleira, Sara, Jone, Gaby, Estefi, Cris, Lía, Kika, Peke e María Corral; ademais de Ainhoa, Noe, Antía, Alba e Michelle, do Deportivo ABANCA B.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final de Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gabi -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final de Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'

19:00: Deportivo ABANCA - Victoria FC

20:00: CPM Friol - Perdedor do primeiro partido

21:00: CPM Friol - Vencedor do primeiro partido

26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)