RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Empate in extremis do Cadete en Ferrol

O Cadete salvou un punto in extremis na súa visita ao Racing de Ferrol (2-2), en partido correspondente á 15ª xornada na División de Honra.

Causou baixa no encontro Pablo García, que o venres pola tarde regresou da concentración da selección española sub-15 e do seu debut ante Arabia Saudita e México.

Lucas e Rubén, este na recta final, foron os autores dos goles branquiazuis nun partido disputado no ferrolán campo de Aneiros no que sempre foron a remolque no marcador.

A pesar deste empate, o equipo que dirixe Daniel González lidera en solitario a clasificación con 43 puntos.

Cadete: Anxo, Vergara, Sergio, Samuel, Pablo Pereda, Iván, Xián, Lucas, Rubén, Nico Ruiz e José Rey. Tamén xogaron: Brian, Telmo, Dani e André.

A próxima fin de semana, o Cadete pecha o ano 2022 en Abegondo ante o Arosa SC.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico Ruiz -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico Ruiz, André e Iker Gil)
Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén)
Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rei e Jairo)
Cadete 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - Viveiro CF 1
CD Areosa 0 - Cadete 4 (Xian -2-, Lucas e André)
Cadete 2 (Rubén e Brian) - Coruxo FC 0
CD Choco 0 - Cadete 9 (Xián, Nico Ruiz, Dani -3-, Iker Gil -2- e Brian -2-)
Cadete 8 (Rubén -3-, Lucas, Pablo García e Dani -3-) - ED Xuventude de Oroso 0
San Tirso SD Cadete 0 - Cadete 4 (Rubén -2-, Lucas e Nico Ruiz)
Cadete 10 (Nico Ruiz, André -2-, Telmo, José Rey, Dani -2-, Lucas, Brian e Pablo Pereda) - Pontevedra CF 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete 2 (Lucas e Rubén)