RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Golpe de autoridade do Alevín A ao derrotar a un rival directo, o Atlético Coruña Montañeros CF

O Alevín A deu un golpe de autoridade ao imporse (4-0) ao seu gran rival na loita polo liderado do subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas, o Atlético Coruña Montañeros CF.

Thiago Montes -2-, Obeso e Nico Torres foron os goleadores branquiazuis neste encontro entre dous dos favoritos e correspondente á 8ª xornada.

Con este marcador, o Alevín A suma 24 puntos e distánciase á fronte da táboa respecto ao 'Monta', 2º agora con 19 puntos.

Alevín A: Alejandro Pais, Sergio Infante, Antón Vilariño, Mario González, Leo Sánchez, Thiago Montes, David Ramos e Íker Obeso. Tamén xogaron: Yael López, Mateo Varela, Manu Alcázar, Daniel Alonso, Hugo Caridad e Nico Torres.

O CF Deportivo Orzán, a próxima fin de semana, será o seguinte rival do Alevín A.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes até a data:

Alevín A 8 (Mario González -3-, Leo Sánchez -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - Imperátor OAR 0
Oza Juvenil SD 0 - Alevín A 8 (Antón Vilariño -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Yael López, Sergio Infante e Daniel Alonso)
Alevín A 3 (Iker Obeso -2- e Manu Alcázar) - Ural Español CF 1
Atlético Castros 0 - Alevín A 8 (Iker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González)
Alevín A 3 (Nico Torres, Thiago Montes e Mario González) - CD Calasanz 0
Orillamar SD A 0 - Alevín A 6 (Mario González -3-, Sergio Infante, Iker Obeso e Nico Torres)
Victoria CF 0 - Alevín A 4 (Javi Barral -2-, Iker Obeso e Leo Sánchez)
Alevín A 4 (Thiago Montes -2-, Obeso e Nico Torres) - Atlético Coruña Montañeros CF 0