RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Nova xornada de liga mañá luns para o Infantil B, que recibe ao San Tirso B

O Infantil B afronta mañá luns 18 de marzo unha nova xornada de liga no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Con entrada gratuíta para os afeccionados, o conxunto deportivista recibe en Abegondo (19:30) ao San Tirso SD B. O encontro corresponde á 29ª xornada, que se xoga practicamente na súa totalidade o martes 19, día festivo.

A derrota do Infantil B o pasado sábado en San Pedro de Visma ante o Orillamar SD (4-3), apertou a loita pola cabeza do grupo. O equipo deportivista segue líder con 76 puntos; agora con unicamente 2 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Ural CF B, que ten 74.

Precisamente os dous equipos ven as caras o domingo 24 de marzo na Leyma (10:15), nunha partido clave de cara ao desenlace final da competición ligueira.