RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Novo triunfo, oitavo consecutivo, na Segunda Comarcal

O Benjamín B logrou o seu oitavo triunfo consecutivo na Segunda Comarcal A Coruña, en Oleiros ante o Obreiro B (0-5). Raul (2), Iago, Anxo e Guille foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o Benjamín B lidera o grupo con 24 puntos de 24 posibles; con 2 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Ural C.

Benjamín B: Alex, Guille, Xabi, Íker, Nico, Raul, Iago e Anxo. Tamén xogaron: Joel, Pablo, Marco, Isma, Mosquera e Eder.

O Atlético Coruña Montañeiros C será o próximo rival do Benjamín B.

Os resultados do Benjamín B nesta competición son os seguintes:
Benjamín B 5 (Mosquera -2-, Nico -2- e Marco) - Luís Calvo C 1
Olímpico B 0 - Benjamín B 10 (Anxo -4-, Santi -2-, Diego e Raul -3-)
Benjamín B 9 (Eder -3-, Diego -3- e Raul -3-) - Atlético Arteixo C 0
Calasanz 0 - Benjamín B 5 (Mosquera, Anxo, Nico, Diego e Raúl)
Benjamín B 8 (Íker -2-, Isma -2-, Anxo -2-, Diego e Marco) - Vitoria C 1
Imperátor C 1 - Benjamín B 8 (Santi -3-, Diego, Guille, Eder, Isma e Raúl)
Benjamín B 23 (Xabi, Guille -2-, Raúl, Santiago -2-, Anxo -4-, Diego -4-, Isma, Eder -3-, Nico -3- e Mosquera -2-) - Raio Sadense B 0
Obreiro B 0 - Benjamín B 5 (Raul -2-, Iago, Anxo e Guille)