O Alevín A do Dépor encara outro duro torneo a vindeira fin de semana, a 23ª edición da Arousa Fútbol 7 no campo da Lomba (Vilagarcía de Arousa).
O cadro deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo D, co Valencia CF, Manchester City, Kashiwa Reysol (Xapón) e Pabellón Ourense.
O calendario inicial do Alevín A é o seguinte:
Venres 15 de xuño12:00: PABELLÓN OURENSE - ALEVÍN A16:55: ALEVÍN A - MANCHESTER CITY
Sábado 16 de xuño11:20: ALEVÍN A - VALENCIA20:30: ALEVÍN A - KASHIWA REYSOL
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que serán o domingo a partir das 10:00 horas.
O resto de equipos de cada grupo accederán a unha Fase de Consolación, tamén o domingo, para ditaminar as posicións finais do torneo.