RCD / NOVAS

O Alevín A gañou hoxe en Maspalomas e o Benxamín A compite mañá no Torneo Ciudad de La Coruña

28/06/2017 21:22

O Alevín A sumou a súa segunda vitoria na Maspalomas Cup 2017. Se onte o equipo deportivista goleaba (7-0) a La Laguna, hoxe superou ao cadro do Huracán con máis dificultades (1-0), cun gol de Manu ao cabo definitivo.

Con este resultado, o Alevín A clasifícase para oitavos de final.

Mañá xoves, o conxunto branquiazul acaba a Primeira Fase co terceiro partido, ante La Garita. O encontro arranca ás 20:10 (hora local).

O calendario de partidos do Alevín A, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:

Primeira Fase
Martes 27 de xuño
ALEVÍN A 7 (Domínguez -4-, Noah, Diego e Javi) - LA LAGUNA 0

Mércores 28 de xuño
ALEVÍN A 1 (Manu) - HURACÁN 0

Xoves 29 de xuño
20:10: ALEVÍN A - LA GARITA

O Benxamín A, primeiro equipo branquiazul que entra en xogo no Torneo Internacional Ciudad de La Coruña

Esta semana dispútase na cidade deportiva da Torre a 26ª edición do Torneo Internacional Ciudad de La Coruña Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau'.

Na competición participan tres equipos de #ANOSACANTEIRA: Cadete A, Alevín B e Benxamín A.

Mañá xoves 29 de xuño, a quenda é para o Benxamín A en esta categoría. Os seus primeiros rivais serán o Orillamar C, Sporting Cambre e EF Luis Calvo.

O calendario de partidos dos tres equipos branquiazuis é o seguinte:

Xoves 29 de xuño
Categoría benxamín
Primeira Fase
16:00: ORILLAMAR C - BENXAMÍN A
17:00: BENXAMÍN A - SPORTING CAMBRE
18:00: BENXAMÍN A - EF LUIS CALVO

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se disputan inmediatamente.

Venres 30 de xuño
Categoría alevín
Primeira Fase
16:00: ORILLAMAR C - ALEVÍN B
17:00: ALEVÍN B - GALICIA CARANZA
18:00: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR

Os dous primeiros de cada grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

Sábado 1 de xullo
Categoría cadete
Primeira Fase
15:45: CADETE A - GALICIA CARANZA (campo 2)
16:30: CADETE A - VICTORIA (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan xa a continuación.