RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B busca revalidar o título da Barrinha International Cup 2018 en Portugal

O Benxamín B participa desde este xoves 21 de xuño na Barrinha International Cup 2018, competición organizada polo Sporting Clube Esmoriz no Estadio da Barrinha de Esmoriz (Portugal). O obxectivo branquiazul é revalidar o título logrado en 2017 ante as mellores canteiras lusas.

O conxunto deportivista quedou nesta edición encadrado no grupo B da súa categoría, co CF Os Belenenses, Anadia FC, União FCI Tomar, CD Paços de Brandão e CG Paramos.

O calendario de partidos da Primeira Fase, sempre en horario luso (unha hora máis en España), é o seguinte:

Xoves 21 de xuño
19:00: CF OS BELENENSES - BENXAMÍN B (campo natural 1)
21:40: BENXAMÍN B - UNIÃO FCI TOMAR (campo natural 2)

Venres 22 de xuño
19:40: BENXAMÍN B - CG PARAMOS (campo sintético 2)
21:00: BENXAMÍN B - ANADIA FC (campo natural 1)

Sábado 23 de xuño
12:20: BENXAMÍN B - CD PAÇOS DE BRANDÃO (campo sintético 1)

O primeiro e o cuarto clasificado de grupo pasan directamente a cuartos de final; mentres que os demais equipos terán que xogar oitavos de final, o mesmo sábado 23 de xuño a partir das 19:40.

Os cuartos de final arrancarán o domingo 24 ás 11:30 horas.

O Infantil A, á Levante Cup

O Infantil A, subcampión galego, competirá na Levante Cup 2018, un torneo de fútbol 11 que se disputa en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Vera), do venres 22 ao domingo 24 de xuño.

O sorteo do calendario de competición será o mesmo venres, no transcurso do acto de presentación dos participantes. Haberá unha Primeira Fase que se xoga baixo o sistema de liguiña. A continuación, os dous primeiros de grupo pasan á Fase polo Título e os dous seguintes, a unha Fase de Consolación.