RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B participa este sábado no Torneo de Cerceda

O Benxamín B do Deportivo participará este sábado 6 de maio no Torneo de Cerceda, que se disputa no campo de O Roxo.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co EF Luis Calvo, UD Paiosaco e Olímpico CF.

O calendario da Primeira Fase para o Benxamín B é o seguinte:

10:00: BENXAMÍN B - EF LUIS CALVO
12:00: BENXAMÍN B - UD PAIOSACO
15:00: BENXAMÍN B - OLÍMPICO CF

Os dous primeiros equipos do grupo pasan a cuartos de final, que se disputan a continuación.

Abegondo acolle a fase previa da Danone Cup alevín

A cidade deportiva do RC Deportivo será o escenario este sábado 6 de maio da Fase Previa da Danone Cup de categoría alevín. O campéon representará á Coruña na Fase Final en Barcelona.

O Dépor participará cos seus dous equipos de alevíns nunha competición que arrancará ás 9:30 e finalizará ás 18:10 coa disputa da gran final, todo iso no campo 7.

O Alevín A quedou encadrado no grupo 1, con Victoria, Imperátor e Calasancio. O calendario de partidos é o seguinte:

9:30: ALEVÍN A - VICTORIA (campo A)
10:00: ALEVÍN A - IMPERÁTOR (campo B)
11:30: ALEVÍN A - CALASANCIO (campo B)

Pola súa banda, o Alevín B formará no grupo 2, con estes equipos: Calasanz, Atlético Coruña Montañeros e San Tirso. O seu calendario de partidos é este:

9:30: ALEVÍN B - CALASANZ (campo B)
11:00: ALEVÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS (campo B)
13:30: ALEVÍN B - SAN TIRSO (campo A)

O campión de cada grupo, así como o mellor segundo dos tres grupos, clasificarase para as semifinais, que se disputarán a partir das 16:30.