RCD / NOVAS

O Bergantiños B non foi capaz de frear a un Infantil B eficaz en ataque

12/10/2019 13:22

O Bergantiños CF B non foi capaz de frear a un Infantil B (11-0) eficaz en ataque no partido correspondente á 6ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Íker -2-, Noe -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo foron nesta ocasión os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o Infantil B lidera a táboa con 18 puntos de 18 posibles, igualado a puntos co Victoria CF B, único equipo que mantén o ritmo dos branquiazuis.

Infantil B: Hugo, Adrián, Jorge, Carlos, Íker Gil, Óscar, Erick, Xenxo, Noe, Carballo e Pablo Memet. Tamén xogaron: Pablo García, Diego e Anxo.

A próxima fin de semana, o Infantil B visita ao Atlético Arteixo.

Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Ordes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noe)
Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noe -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0