RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B mostra en Abegondo ante o Racing Villalbés a súa cara máis sólida e eficaz

O Cadete B mostrou en Abegondo ante o Racing Villalbés (4-0) a súa cara máis sólida e eficaz.

Mato, Matos, Alexis e Mardones foron os goleadores branquiazuis neste encontro correspondente á 15ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Con este resultado, o conxunto deportivista mantense no liderado do grupo con 41 puntos, por 35 puntos do seu inmediato perseguidor, o EFM Concello de Boiro.

Cadete B: Manu, Raúl, Mato, Monteagudo, Alexis, Andón, Dani Estévez, Marcote, Juan Barros, Matos e Domínguez. Tamén xogaron: Zoe, Adrián Lombao, Sierra e Mardones.

A próxima fin de semana, o Cadete B pon o punto e final ao ano 2019 coa súa visita ao CF Dumbría.

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2
San Tirso SD B 2 - Cadete B 3 (Matos -2- e Nico)
Cadete B 4 (Mato, Matos, Alexis e Mardones) - Racing Villalbés 0