RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B resolve en 5 minutos un partido ante o CD Calasanz B que se atascou

O Cadete B resolveu (3-1) en 5 minutos da segunda metade, cos goles de Nico e Domínguez, un partido ante o CD Calasanz B, correspondente á 18ª xornada no grupo norte da Liga Galega, que se atrancou para os branquiazuis.

Adrián Lombao adiantou ao Cadete B, flamante campión de inverno, aos 7 minutos de xogo; pero igualou o conxunto colexial nos primeiros minutos da segunda metade.

Con este resultado, o Cadete B é máis líder do grupo. Suma 47 puntos por 42 do segundo clasificado, o EFM Concello de Boiro, que non pasou do empate ante o Imperátor OAR (1-1).

Cadete B: Manu, Alexis, Nico, Dopico, Monteagudo, Sierra, Lombao, Marcote, Mardones, Fer y Matos. Tamén xogaron: Domínguez, Marco Baña, Andón, Seydiba e Román.

A próxima semana, o Cadete B visita ao CD Lugo B.

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz B 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2
San Tirso SD B 2 - Cadete B 3 (Matos -2- e Nico)
Cadete B 4 (Mato, Matos, Alexis e Mardones) - Racing Villalbés 0
Dumbría CF 3 - Cadete B 2 (Matos e Mardones)
Cadete B 6 (Domínguez, Matos -2-, Mato, Marcote e Marco Baña) - Viveiro CF 1
Cadete B 3 (Adrián Lombao, Nico e Domínguez) - CD Calasanz B 1