RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril cae ante o Celta B nun derbi de filiais de alta tensión

O Celta B freou ao Fabril en Abegondo (1-3), nun derbi de filiais de alta tensión, con até 4 expulsados (2 xogadores e 2 técnicos), todos eles no bando do conxunto que dirixe Gustavo Munúa.

Con este marcador da xornada 35ª, o Fabril queda con 62 puntos provisionalmente á fronte da clasificación, á espera do que faga mañá domingo o Rayo Majadahonda (segundo con 62 puntos) ante o Toledo e o Fuenlabrada (terceiro con 60 puntos) fronte ao Real Madrid Castilla.

O partido para o Fabril torceuse na primeira metade, cando no minuto 17 Carlos López se tivo que retirar lesionado nun xeonllo. Foi relevado por Gaizka Martínez.

Sete minutos máis tarde, Drazic puxo en vantaxe ao equipo céltico. Desde a liña de fondo, case sen ángulo, sorprendeu a Francis no seu propio pau.

Ao descanso chegouse con este marcador.

Na segunda metade, o comezo foi para o Fabril, con varios achegamentos perigosos á meta viguesa.

Con todo, o Celta B golpeou co segundo tanto, obra de Ros, no seu primeiro achegamento á área fabrilista.

O partido rompeu coa expulsión de Quique Fornos, que viu a segunda amarela por entrar sen permiso ao terreo de xogo após saír do campo para cambiar a camiseta.

A partir de aí os nervios apoderáronse do Fabril e sucedéronse as expulsións, todas no bando branquiazul: o segundo adestrador fabrilista Christian Berman, o adestrador de porteiros David Fernández e o lateral dereito Blas tivéronse que marchar antes de tempo aos vestiarios.

O Celta B volveu golpear co 0-3 de Juan Hernández, pero a coraxe do Fabril fixo que Luís Fernández maquillase o marcador subindo o 1-3 definitivo no marcador.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, Raúl González, Diego Caballo, Edu Expósito, Martín Bengoa, Carlos López, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: One, Gaizka e Luís Fernández.

O vindeiro domingo 29 ás 18:30, a Fabril visita a outro rival directo, o Rápido de Bouzas, en Vigo.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnástica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Diego Cabalo e Luis Fernández) - Ponferradina 0
Valladolid B 2 - Fabril 1 (Luis Fernández)
Talavera 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Borja Galán) - Navalcarnero 0
Guijuelo 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Romay) - Pontevedra 0
Gimnástica Segoviana 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Edu Expósito) - Unión Adarve 1
Atlético de Madrid B 1 - Fabril 4 (Romay, Uxío -2- e Luís Fernández)
Fabril 1 (Luís Fernández) - Celta B 3