RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Fabril recibe ao Arousa

Despois da vitoria en Xove do pasado fin de semana, o Fabril recibe este sábado ao cinco da tarde ao Arousa no campo número uno da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol".

En categoría xuvenil, o Deportivo que milita na División de Honra tamén xoga en Abegondo. Nesta ocasión, o rival o domingo ás 12.00 horas será o Numancia de Soria. O Deportivo B da liga Nacional visitará este sábado, ás 16.15, ao Bergantiños de Carballo.
Pola súa banda, o Deportivo cadete da División de Honra xogará este sábado en "O Mundo do Fútbol" ante a Vitoria. O choque arrincará ás 16 horas. O Deportivo B cadete, que milita na liga Galega, enfróntase o domingo ás 10.30 horas ao Orillamar en Meicende.
E por fin, en infantís, o Deportivo e o Lugo veranse as caras no campo de herba sintético da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol" o sábado ás 10.30 horas.