RCD / NOVAS

O fortín de Abegondo impulsa ao Xuvenil B

27/11/2022 14:06

O fortín de Abegondo impulsa ao Xuvenil B á zona alta da táboa da Liga Nacional. Co triunfo ante o Pabellón Ourense CF (3-0), os branquiazuis suman no que vai de liga en casa 5 triunfos e 1 empate, o da 1ª xornada ante o CVC Valladares.

Domínguez, Hugo Torres e Guerrero foron os autores dos goles ante os ourensáns neste choque correspondente á 12ª xornada.

Con este resultado, o equipo que dirixe Miguel Figueira suma 23 puntos e sitúase na 3ª posición da táboa, só superado polo Pontevedra CF (26 puntos) e RC Celta B (29 puntos).

Xuvenil B: Román, Álvaro Otero, Pablo Parada, Martiño, Carlos, Dani Estévez, Guerrero, Samuel, Domínguez, Zoe e Hugo Torres. Tamén xogaron: Manu Ferreiro, Noé, Javi Fernández, Jacobo e Brian.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao Porriño Industrial FC.

Os resultados até a data do Xuvenil B son os seguintes:

Xuvenil B 0 - CVC Valladares 0
ED Xuventude de Oroso 3 - Xuvenil B 2 (Mesfin e Rubén)
Xuvenil B 3 (Mesfin -2- e Lucas) - Alondras CF 0
Pontevedra CF 0 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Guerrero -2-, Jacobo e Domínguez) - Racing de Ferrol 1
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Xuvenil B 1 (Jacobo)
Xuvenil B 3 (Dani Estévez, Domínguez e Jacobo) - Bergantiños CF 1
CD Choco 2 - Xuvenil B 2 (Juan Barros e Mesfin)
Xuvenil B 4 (Jacobo, Mesfin, Guerrero e Domínguez) - CD Lugo B 1
ED Val Miñor Nigrán 2 - Xuvenil B 2 (Guerrero e Jacobo)
UD Ourense 1 - Xuvenil B 2 (Samuel e Carlos)
Xuvenil B 3 (Domínguez, Hugo Torres e Guerrero) - Pabellón Ourense CF 0