RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A exhibe ante o Arosa SC o seu gran momento de forma

O Infantil A exhibiu ante o Arosa SC (9-0), en partido correspondente á 4ª xornada da Fase polo Título da Liga Galega, o seu gran momento de forma.

Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín foron os autores dos goles branquiazuis nun partido cun claro dominador, o conxunto que prepara David Lagar.

Con este marcador, o Infantil A é líder con 12 puntos de 12 posibles. Segundo na táboa, con 10, é o Pabellón Ourense CF.

Infantil A: Jorge, Diego, Vilela, Carlos, Meki, Mella, Sierra, Domínguez, Manu Berrocal, Mardones e Carreira. Tamén xogaron: Marcote, Marcos, Martín e Monteagudo.

A próxima fin de semana, o conxunto deportivista visita ao Ural CF.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

Victoria CF 1 - Infantil A 5 (Martín -2-, Rubén, Mella e Marco Baña)
Infantil A 1 (Mella) - Xuventude de Oroso 0
RC Celta 3 - Infantil A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)
Infantil A 9 (Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín) - Arosa SC 0