RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A suma á conta do UD Santa Mariña o seu segundo triunfo na Fase polo Título Galego

O Infantil A venceu (4-0) ao UD Santa Mariña e sumou a súa segunda vitoria con motivo da 2ª xornada da Fase polo Título Galego.

Jorge García, Juan Barros, Dani Estévez e Javi Pita foron os goleadores dos branquiazuis, que suman así 6 puntos de 6 posibles.

O partido decidiuse rápido, con 3 tantos do Infantil A nos primeiros 25 minutos de xogo. No entanto, o conxunto vigués non se descompuxo e competiu a bo nivel durante o resto do choque.

Infantil A: Román, Zoe, Lucas, Dani Estévez, Pablo Parada, Samuel, Ayana, Juan Barros, Oreiro, Jorge García e Mesfín. Tamén xogaron: Mateo, Úbeda, Hugo Torres, Guerreiro e Javi Pita.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao Bertamiráns FC.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 0 - Infantil A 5 (Mesfin -2-, Jorge García, Lucas e Samuel)
Infantil A 4 (Jorge García, Juan Barros, Dani Estévez e Javi Pita) - UD Santa Mariña 0