O Infantil dobrega a base de goles a resistencia do Cidade de Ribeira CF
O Infantil dobregou a base de goles (7-2) a resistencia do Cidade de Ribeira CF, en partido correspondente á 4ª xornada na Segunda Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte.
Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo foron os goleadores branquiazuis ante un rival que opuxo resistencia sobre todo co marcador apertado.
Con este resultado, o Infantil lidera o subgrupo con 17 puntos, con 2 puntos de vantaxe sobre o CD Conxo Santiago, segundo con 15 puntos.
Ambos os equipos ven as caras precisamente a próxima fin de semana no campo da Mercé en Conxo (Santiago).
Infantil: Rodrigo, Guille, Yago, Iker Fernández, Xabi Campos, Abel, Rubén, Mosquera, Iker Casuso, Lucas e Hugo. Tamén xogaron: Frank, Borja, Diego e Marcos.
Os resultados do Infantil nesta fase son os seguintes:
Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz) Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0 Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-) Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2