RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil recupera o sorriso fronte ao CD Conxo Santiago antes de #ONOSODERBI do mércores 21

O Infantil recuperouse da derrota sufrida a pasada fin de semana en Vigo ante o UD Santa Mariña cun partido redondo en Abegondo en ataque e defensa fronte ao CD Conxo Santiago (8-0), correspondente á 13ª xornada na División de Honra.

Borja -3-, Casuso -2-, Joel, Joaquín e un futbolista rival en propia porta foron os goleadores dun encontro sen apenas historia.

Con este resultado, o equipo que dirixe Daniel Sicardi marcha en 2ª posición con 34 puntos, a 2 puntos do líder, o RC Celta. Ambos os equipos veranse as caras o vindeiro mércores 21 de decembro ás 19:00 en Abegondo en partido adiantado á 14ª xornada, primeira do ano 2023.

Infantil: Gabri, Joel, Sergio, Adrián, Samba, Antón, Borja, Gael, Casuso, Nico e Roi. Tamén xogaron: Mateo, Joaquín, Iker e Xoel.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 3 (Borja, Mauro e Iker)
Infantil 9 (Gael, Mauro -2-, Iker -2-, Nico, Borja e Casuso -2-) - ED Denis Suárez 0
Arosa SC 1 - Infantil 3 (Nico e Roi -2-)
Infantil 7 (Borja, Antón -2-, Íker, Mateo, Roi e Joel) - Victoria FC 0
UD Santa Mariña 2 - Infantil 1 (Casuso)
Infantil 8 (Borja -3-, Casuso -2-, Joel, Joaquín e un futbolista rival en propia porta) - CD Conxo Santiago 0