RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O torneo do Xuvenil A, subcampión en O Val, pechou unha semana de amigables en #ANOSACANTEIRA

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron compromiso de pretemporada esta fin de semana: Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete A.

O equipo co calendario máis cargado foi o Xuvenil A, con cita en San Tirso (derrota o pasado mércores por 3-0), Cee (empate sen goles onte sábado 11) e O Val (torneo hoxe domingo 12).

No caso deste último compromiso, foi con motivo do Torneo Sinde's Cup no campo de Sinde de O Val (Narón). O Xuvenil A superou ao Ural na quenda de penaltis da semifinal (4-3); e caeu co Celta na serie de penas máximas da gran final (6-7), no que foi o primeiro derbi galego da categoría esta temporada.

Sen dúbida, o partido estrela da fin de semana foi a visita do Fabril ao Pontevedra, o pasado venres 10 de agosto en Pasarón, nunha proba de lume para os pupilos de Tito Ramallo de cara ao comezo de liga.

Nun partido igualado, venceron os locais pola mínima (1-0), aínda que o fabrilista Guillermo May fallou un penalti que puido cambiar o resultado final.

Onte sábado estreouse o Xuvenil B cun torneo en Monforte. O equipo dirixido por Rubén Coméndez foi subcampión ao gañar ao Calasancio (4-0) en semifinais e caer co Pavillón na quenda de penaltis da final (4-5), após finalizar os 90 minutos con igualada (1-1).

Tamén debutou o Cadete A, concretamente o pasado venres en Abegondo cun partido fronte ao xuvenil A de o Bergantiños (2-0). Axel realizou dobrete goleador nun encontro no que o técnico deportivista, Luis Bonilla, deu minutos a todos os seus futbolistas.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
PONTEVEDRA 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
SAN TIRSO (Rexional Preferente) 3 - XUVENIL A 0
CEE (Segunda Autonómica) 0 - XUVENIL A 0. Por penaltis: 5-4

3er Torneo Xuvenil Sinde's Cup no campo de Sinde (O Val)
Domingo 12 de agosto
Semifinal
XUVENIL A 3 (Gonzalo, Israel e Manu) - URAL 3. Por penaltis: 4-3
Final

XUVENIL A 1 (César) - CELTA 1. Por penaltis: 7-6

Torneo do CD Calasancio en Monforte
Sábado 11 de agosto
Semifinal
CD CALASANCIO 0 - XUVENIL B 4 (Aye, Luque, Melide e Juanma)

Final
XUVENIL B 1 (Jose) - PABELLÓN 1. A penaltis: 4-5

Categoría cadete
CADETE A 2 (Axel -2-) - BERGANTIÑOS A (xuvenil) 0