RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A golea en Santiago cun póker de goles de Kevin en media hora

O Xuvenil A goleou á SD Compostela (1-7) nun partido correspondente á 5ª xornada da División de Honra no que sobresaíu Kevin, autor de 4 dianas após saltar ao terreo de xogo no minuto 62. Concretamente 3 deles foron entre o 70 e o 75.

Ademais, o ariete branquiazul leva 4 partidos consecutivos de liga marcando e só quedou sen anotar no primeiro choque da temporada.

Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa completaron o folgado resultado en Santiago, que reflectiu a superioridade branquiazul.

Con este marcador, o Xuvenil A suma 11 puntos na 3ª praza da clasificación.

Xuvenil A: Lemos, Mardones, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Carlos, Diego, Hugo Baldomar, Martín Ochoa, Rubén e Hugo. Tamén xogaron: Quique Teijo, Montero, Kevin, Garaboa e Álex Delgado.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Arosa SC.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)