RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A protagoniza en Santander o seu mellor partido da temporada

Ante un dos fanfurriñeiros da liga, o Real Racing Club, o Xuvenil A protagonizou nos campos da Albericia de Santander (0-2) o mellor partido da temporada no grupo 1º da División de Honra.

Os branquiazuis foron xustos vencedores ante un rival que apenas foi capaz de levar perigo á meta defendida por Alberto.

Mario e Peke foron os goleadores do Xuvenil A en este encontro correspondente á 6ª xornada.

Con este resultado, o cadro deportivista suma 13 puntos e instálase na zona alta da clasificación.

Xuvenil A: Alberto, Iván, Pol, Pablo Fraga, Juan Rodríguez, Mario, Litos, Prendes, Edu Taboada, Barba e Peke. Tamén xogaron: Fito, Víctor Guerra e Luque.

O vindeiro sábado 19 de outubro ás 17:00, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Sporting de Gijón.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)