RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B empata ante o Coruxo FC e está a un punto de ser campión da liga Nacional

O Xuvenil B igualou (1-1) co Coruxo FC en partido correspondente á 4ª xornada (penúltima) aprazado no seu día por COVID-19 no vestiario deportivista. Martín Ochoa puxo por diante ao equipo que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher na primeira metade; pero igualaron os vigueses na segunda.

Xuvenil B: Ríos, Nacho, Álex González, Seydiba, Mario, Rubén, Trigo, Diego Gómez, Martín Ochoa, Hugo Baldomar e Mella. Tamén xogaron: Canales, Embid, Íker Méndez, Manu Berrocal e Roque.

Con este resultado, ao Xuvenil B válelle un empate o vindeiro domingo 13 de xuño ás 12:00 en Abegondo ante o RC Celta B para lograr o título de campión da categoría, no último partido de liga. Os deportivistas suman 59 puntos por 58 os célticos, segundos na táboa.

Os resultados do equipo que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher nesta segunda parte da temporada son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Diego Gómez e Hugo Baldomar -2-) - ED Val Miñor Nigrán B 0
Alondras CF 2 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 5 (Martín Ochoa -4- e Diego Gómez) - CD Areosa 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil B 1 (Martín Ochoa)