#ANOSACANTEIRA afronta o último esforzo do ano 2017. Após esta xornada ligueira, todos os canteiráns terán parón competitivo debido ás festas do Nadal.
O partido estrela é o do Fabril, que recibe ao CD Toledo en Abegondo. O encontro, pertencente á xornada 19ª no grupo 1º de Segunda División B, disputarase ás 12:00 horas de mañá domingo 17 de decembro.
Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros e 3 para os menores de 16 anos.
Gustavo Munúa, técnico fabrilista, conta con varias baixas confirmadas: Luís Fernández, Bicho, Carlos López, Luismi, Jardel, Álvaro Queijeiro, Diego Caballo e Edu Expósito, todos eles tocados. Blas está sancionado.
Están citados co filial deportivista os xuvenís: Porrúa, Sebas, Mujaid, Boedo e Ortuño.
Tamén xoga en Abegondo mañá domingo o Xuvenil A (17:00 horas). O acceso dos socios do Dépor é gratuíto. Para o público, a entrada custa 3 euros.
Cadete B e Infantil A xogaron e gañaron onte venres na Cidade Deportiva, 3-1 e 5-0 respectivamente.
Con este triunfo, e a falta dunha xornada, o Infantil A proclamouse campión do grupo norte da liga Galega.
Tambien en categoría alevín, a falta desta última xornada, o Alevín B xa é matematicamente campión do grupo 1º de Segunda.
Así, #ANOSACANTEIRA suma até a data catro títulos, após os logrados anteriormente polo Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín A (grupo 2º de Primeira Comarcal A Coruña).
Non ten partido xa o Deportivo ABANCA B, de vacacións até o 2018, e o Benxamín A, coa súa competición ligueira finalizada a pasada fin de semana.
Pola súa banda, o Alevín A participa na oitava edición do Media Gol Cup 2017, que se xoga en Cornellá (Barcelona).
Por este motivo, o encontro de ida de oitavos de final da Segunda Fase Comarcal, en Ordes, xogarase o mércores 20 de decembro ás 19:00 horas.
O calendario de partidos, cos resultados dos partidos de hoxe sábado, é o seguinte:
Segunda División B
19ª xornada: FABRIL - CD TOLEDO, o domingo 17 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 17ª xornada: XUVENIL A - OVIEDO, o domingo 17 de decembro ás 17:00 en Abegondo
Liga Nacional, 16ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 2 - XUVENIL B 2 (Kilian -2-)
Categoría cadete
División de Honra, 16ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - CADETE A, o domingo 17 de decembro ás 12:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Liga Galega, grupo 1º, 16ª xornada: CADETE B 3 (Bocija, Hugo e Buján) - BERTAMIRÁNS B 1
Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 16ª xornada: INFANTIL A 5 (Hugo García, Eloy, Álex González, Hugo Baldomar e Roque) - BERTAMIRÁNS 0
Primeira Autonómica, grupo 1º, 18ª xornada: VICTORIA B - INFANTIL B, o domingo 17 de decembro ás 10:00 na Leyma (A Coruña)
Categoría alevín
Media Gol Cup 2017 en Cornellá (Barcelona)
Primeira Fase
Venres 15 de decembro
ESPANYOL 3 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 2 (Pablo -2-) - SANT ANDREU 3
Sábado 16 de decembro
ALEVÍN A 5 (Pablo -2-, Héctor -2- e Dani) - IGUALADA 2
ALEVÍN A 0- PARIS SAINT-GERMAIN 2
ALEVÍN A 2 (Pablo e Dani) - GIRONA FC 1
Fase de Consolación
NASTIC MANRESA 1 - ALEVÍN A 0
Domingo 17 de decembro
10:00: ALEVÍN A - L'HOSPITALET
Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, oitavos de final, ida: ORDES A - ALEVÍN A, o mércores 20 de decembro ás 19:00 no Anexo Vista Alegre (Ordes)
Segunda, grupo 1º, 9ª e última xornada: ALEVÍN B - LA PAZ A, o domingo 17 de decembro ás 12:00 na Torre
Categoría benjamín
Segunda Comarcal A Coruña, 10ª xornada: OLÍMPICO B 0 - BENXAMÍN B 13 (Paulo -4-, Uxío -3-, Nico -3-, Yago Trigo -2- e Iago Vázquez)