RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 13 e 14 de maio

Interesante fin de semana para #ANOSACANTEIRA, con dobre derbi (en Liga Nacional Xuvenil e División de Honra Cadete) ante o Celta en Vigo, onte sábado 13 de maio. En ambos houbo derrota ante un Celta que manda nas dúas categorías.

En Abegondo o Fabril, xa campión, impúxose hoxe domingo 14 de maio (2-0) a un Dubra descendido, e queda á espera do sorteo da eliminatoria definitiva de ascenso a Segunda División B, que terá lugar mañá luns 15 de maio pola tarde na Federación Española de Fútbol. O seu rival será o campión doutro grupo de Terceira División.

Pola mañá, tamén no campo 1, o Xuvenil A superou ao Osasuna (2-0) no partido de ida de oitavos de final da Copa do Rei. A volta será o domingo 21 de maio ás 12:00 en Tajonar, a cidade deportiva osasunista.

Tamén xogaron en Abegondo onte sábado o Cadete B (2-0), que depende de si mesmo para ser campión do grupo norte da Liga Galega; e o Infantil A, xa co título ligueiro amarrado (6-0).

Finalizaron a competición ligueira o Deportivo Abanca B, Infantil B e Benxamín A. Alevín A, Alevín B e Benxamín B tiveron torneos amigables en Vilagarcía, Osnabrück (Alemaña) e Camariñas, respectivamente. Por este motivo, o encontro ligueiro do Alevín B pertencente ao grupo 1º da Segunda Fase xogarase o mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Tamén hoxe domingo, o Benxamín B acabou con triunfo (12-0) a Primeira Fase, en formato de liga, da Copa AFAC. O seguinte paso será a final do torneo, con data e rival por determinar.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
FABRIL 2 (Anxo e Hugo Rama) - DUBRA 0

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, ida: XUVENIL A 2 (Pedro e Ortuño) - OSASUNA 0

Liga Nacional: CELTA B 2 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra: CELTA A 3 - CADETE A 0

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 2 (Pol e Rares) - XUVENTUDE DE OROSO 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 6 (Jairo, Hugo Baldomar, Padín, Dani, Teijo e Adrián Lombao) - SAN TIRSO 0

Categoría alevín
Segunda Fase, grupo 1º: IMPERÁTOR C - ALEVÍN B, o mércores 17 de maio ás 11:00 na Torre

Categoría benxamín
Copa AFAC, xogado o pasado martes, cuarta xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 1 - BENXAMÍN B 6 (Diego -3-, Anxo, Eder e Pablo)
Copa AFAC quinta e última xornada, BENXAMÍN B 12 (Eder -3-, Diego, Isma -2-, Raul, Marco, Anxo -3- e Xabi) - IMPERÁTOR C 0