RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados dos partidos de pretemporada disputados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA

Catro amigables xogáronse hoxe sábado 10 de agosto na Cidade Deportiva, con protagonismo para Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Cadete B.

Os técnicos branquiazuis aproveitaron para dar minutos a todos os seus cadros ante rivais de pompa, por exemplo o FC Porto xuvenil e cadete; ou o Atlético Coruña Montañeros CF sénior.

A xornada completouse co Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxa final benjamín en ABANCA-RIAZOR disputárona tamén hoxe sábado 10 de agosto o Deportivo A e o Atlético Coruña Montañeros CF.

O triunfo foi deportivista (4-0), que culmina así unha gran temporada.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría xuvenil
XUVENIL A 4 (Alfonso, Edu, Urdiales e Luque) - URAL CF A 1
XUVENIL A 2 (Sarmiento e Urdiales) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (sénior) 0
XUVENIL B 0 - FC PORTO 1

Categoría cadete
CADETE A 4 (Mella, Trigo, Martín e Iván) - URAL CF B (xuvenil) 0
CADETE B 0 - FC PORTO 2

Categoría benxamín
Final Mini Teresa Herrera
BENXAMÍN A 4 (Pablo -2-, Christian e Joaquín) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0