RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados e calendario dos torneos amigables de #ANOSACANTEIRA do 9, 10 e 11 de xuño

Sábado pragado de partidos pertencentes aos torneos amigables previstos en #ANOSACANTEIRA.

Así, competiron Cadete A (Moraña), Infantil B (Ribeira), Alevín A (Badaxoz e Carballo), Alevín B (Azpeitia) e Benxamín A (Pontevedra). Mañá domingo únese o Cadete B en Malpica e o Benxamín B en San Mamed de Ribadulla (Vedra, A Coruña).

Ademais, unha selección de prebenxamíns doutros clubs, que a próxima temporada formará o Benxamín B do Club, participou xa como Deportivo no Torneo do Galicia Caranza.

O Alevín A cae en Badaxoz pero segue vivo en Carballo

O Alevín A, reforzado por unha selección de xogadores de varios clubs, participa no Mundialito de Badaxoz e na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo.

En Badaxoz, o cadro deportivista tivo mala fortuna e caeu apeado na Primeira Fase.

O conxunto deportivista estivo a bo nivel, a pesar de que era a primeira vez que estes xogadores competían xuntos.

Os resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 9 de xuño
ALEVÍN A 1 (Álvaro Mordones) - CP ALMENDRALEJO A 1

Sábado 10 de xuño
AD EL TOMILLAR 0 - ALEVÍN A 11 (Trujillo -2-, Adrián Vila, Rodrigo -2-, Álvaro Mordones, Ayana e Boquete -4-)
ALEVÍN A 0 - AD LLERERENSE 1
AD VILLA DE MORALEJA 0 - ALEVÍN A 5 (Javi Barral -2-, Héctor, Rodrigo e Diego Boquete)

Na décimo terceira edición do Torneo Concello de Carballo, o Alevín A disputou hoxe cinco partidos da Primeira Fase, nas Eiroas.

Mañá domingo debe gañar á Real Sociedad, no último partido da Primeira Fase, para pasar á Fase Final.

O calendario, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 9 de xuño
ALEVÍN A 1 (Domínguez) - XUVENTUDE OROSO 1
PORTO 1 - ALEVÍN A 1 (Meki)

Sábado 10 de xuño
ALEVÍN A 1 (Mella) - EF LUIS CALVO 0
AFA ANGOLA 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 2 (Sierra e Domínguez) - REAL MADRID 2
SPORTING DE GIJÓN 0 - ALEVÍN A 1 (Zerfu)
ALEVÍN A 0 - CELTA 2

Domingo 11 de xuño
9:30: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 2)

Os catro primeiros clasificados xogarán a Fase polo Título, mentres que o catro restantes unha Fase de Consolación.

O Alevín B clasificouse para a Fase polo Título da Azpeitia Cup

O Alevín B clasificouse hoxe sábado para a Fase polo Título da Azpeitia Cup 2017, na citada localidade guipuscoana.

O conxunto deportivista superou a Primeira Fase como mellor terceiro e terá como rivais agora a Atlético de Madrid, Granada e Barcelona.

O calendario de partidos, cos resultados dos partidos xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 9 de xuño
ANAITASUNA 0 - ALEVÍN B 6 (Samuel, Álvaro, Jorge, Óscar, Pablo e Adrián)

Sábado 10 de xuño
ALEVÍN B 2 (Lucas -2-) - PROMESAS ELCHE 1
ALEVÍN B 0 - ATHLETIC CLUB 0
ALEVÍN B 0 - GIMNÀSTIC MANRESA 1

Domingo 11 de xuño
Fase polo Título
9.00: ALEVÍN B - ATLÉTICO DE MADRID

O Cadete A, bronce no Torneo Internacional Concello de Moraña

O Cadete A, que terminou como subcampión a liga en División de Honra, xogou hoxe sábado 10 de xuño a sétima edición do Torneo Internacional Concello de Moraña.

A competición tivo como escenario o campo municipal de Mirallos.

Os resultados do Cadete A, que acabou terceiro, foron os seguintes:

Primeira Fase
CORUXO 0 - CADETE A 0. A penaltis: 2-3
CADETE A 1 (Borja) - VITORIA SPORT CLUBE 1

Terceiro e cuarto posto
CADETE A 3 (Bruno, Álex e Pablo) - CELTA A 0

O Infantil B xa está en cuartos de final da Copa Sálvora en Ribeira

O Infantil B está xa en cuartos de final da undécima edición da Copa Sálvora, que se disputa no campo da Fieiteira (Ribeira, A Coruña).

O rival do cadro deportivista será mañá domingo o Bertamiráns.

O calendario de partidos do Infantil B, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 10 de xuño
Primeira Fase
INFANTIL B 7 (Trigo -2-, Baldomar -2-, Lombao, Iván e Álex González) - CCD TARAGOÑA 0
INFANTIL B 3 (Iván, Roque e Álvaro) - SÁLVORA CF 0
INFANTIL B 12 (Trigo -3-, Hugo Baldomar, Adrián Lombao, Roque, Daniel -3-, Martín e Xose -2-) - CARREIRA CF 0

Domingo 11 de xuño
Cuartos de final
11:00: INFANTIL B - BERTAMIRÁNS

O Benxamín A pelexa mañá pola novena praza do Torneo Cidade de Pontevedra

O Benxamín A pelexará mañá domingo 11 de xuño pola novena praza da decimonovena edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, no campo da Xunqueira.

O calendario de partidos do Benxamín A, cos resultados dos encontros xa xogados, é este:

Sábado 10 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Álex e David) - PABELLÓN CF 1
BENXAMÍN A 0 - BENFICA 2
BENXAMÍN A 2 (Rubén e Marcos) - AJ LÉREZ 2

Playoff polo título
SPORTING DE GIJÓN 1 - BENXAMÍN A 1 (Eli)
BENXAMÍN A 0 - CRISTO DE LA VICTORIA 2

Domingo 11 de xuño
Posición do 9 ao 12
10.00: BENXAMÍN A - PABELLÓN CF

O Cadete B compite no Torneo Malpica Vidú

O Cadete B participará mañá domingo 11 de xuño na primeira edición do Torneo Malpica Vidú, que se disputa na citada localidade coruñesa da Costa da Morte.

Os partidos terán unha duración de 35 minutos, e serán na modalidade de fútbol once.

O Cadete B quedou encadrado no grupo A, co Pontevedra, a Selección Coruñesa e o GD Chaves. Todos os partidos da Primeira Fase xogaranos os branquiazuis no campo da Pedra Queimada.

O calendario é o seguinte:

10:40: CADETE B - PONTEVEDRA
11:20: SELECCIÓN CORUÑESA - CADETE B
13:20: GD CHAVES - CADETE B

Todos os equipos accederán a cuartos de final, cuxos cruces estarán determinados segundo clasificación nesta Primeira Fase.

O Cadete B acaba de concluír a temporada ligueira como subcampión do grupo norte da Liga Galega.

Novo reto para o Benxamín B, o Torneo CD San Mamed

O Benxamín B xoga este domingo 11 de xuño en San Mamed de Ribadulla, en Vedra (A Coruña), un torneo de fútbol oito que organiza o club local, o CD San Mamed.

O conxunto deportivista está na Primeira Fase no grupo A, co CD San Mamed, Racing San Lorenzo, Milladoiro e Villestro B.

O calendario da Primeira Fase para o Benxamín B é o seguinte:

10:45: RACING SAN LORENZO - BENXAMÍN B (campo 2)
12:25: BENXAMÍN B - SAN MAMED (campo 2)
14:05: BENXAMÍN B - MILLADOIRO (campo 1)
16:55: VILLESTRO B - BENXAMÍN B (campo 1)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a continuación.

Unha selección de Prebenxamíns do Dépor gaña en Caranza

Unha selección de prebenxamíns do Dépor, que a próxima temporada conformará o Benxamín B branquiazul, participou hoxe sábado no Torneo do Galicia de Caranza, no Municipal de Caranza.

Os branquiazuis gañaron brillantemente o torneo.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 6 (Pablo, Paulo, Mauro, Yago Trigo, Iago Vázquez e Joan) - ONCE CABALLEROS 1
DEPORTIVO 1 (Uxío) - NARÓN FREIXO 0
GALICIA CARANZA 1 - DEPORTIVO 5 (Paulo -3-, Uxío e Joaquín)

Cuartos de final
DEPORTIVO 9 (Yago Vázquez -3-, Adrián, Mario, Nico, Yago Trigo e Joan -2-) - OZA JUVENIL 0

Semifinal
DEPORTIVO 4 (Pablo, Paulo, Joan e Yago Trigo) - VICTORIA 2

Final
DEPORTIVO 4 (Nico, Adrián, Paulo e Pablo) - SANTA CRUZ 0