RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Segundo partido e segunda vitoria do Infantil A na pelexa polo título galego

O Infantil A impúxose (3-1) ao Areosa en Abegondo, na 2ª xornada da Fase polo Título Galego.

O partido tivo dúas caras diferentes. A primeira parte foi de dominio total deportivista, que se adiantou no marcador grazas aos goles de Sergio e Hugo García.

Nos últimos 20 minutos, o Areosa deu un arreón que lle levou a recortar diferenzas, pero un tanto de Hugo García á contra sentenciou o choque.

Con este marcador, o Infantil A suma 6 puntos de 6 posibles.

Infantil A: Lemos, Martín Burgos, Álvaro, Rubén, Eloy, Sergio, Hugo García, Lombao, Quique, Hugo Baldomar e Roque. Tamén xogaron: Manu, Álex López, Iván, Trigo e Zerfu.

A vindeira fin de semana, o Infantil A xoga de novo en Abegondo, esta vez ante o Xuventude de Oroso.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

San Tirso 0 - Infantil A 4 (Sergio -2- e Hugo Baldomar -2-)
Infantil A 3 (Sergio, Hugo García e Hugo Baldomar) - Areosa 1