RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un dobrete de Martín Ochoa mantén ao Fabril no máis alto

Un dobrete de Martín Ochoa, un futbolista aínda en idade xuvenil, tombou en Vigo o Gran Peña FC (1-2), en partido correspondente á 8ª xornada en Terceira RFEF.

Arrincou moi ben o filial branquiazul, que se adiantou aos 2 minutos de xogo grazas a Martín Ochoa, un dianteiro en estado de graza. Nájera puido marcar xa na xogada anterior, case ao sacarse de centro. Así pois, dúas xogadas de gol para o Fabril nos primeiros compases.

Pero o Gran Peña atopouse cun penalti aos 20 minutos que igualou o marcador e o xogo. Con este resultado chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, Óscar Gilsanz moveu o banco en busca do triunfo. Foi no minuto 81 cando de novo Martín Ochoa marcou a diferenza, aínda que antes Nájera tamén gozara doutra gran ocasión.

Con este resultado, o Fabril suma 18 puntos e mantén o liderado en solitario da categoría, con 1 punto de vantaxe sobre o UD Ourense.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Ángel Puerto, Dani Barcia, Iano Simao, Iñaki, Brais Val, Jairo, Diego Gómez, Nájera e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Barba, Jesús, Currás, Iván e Fito.

A próxima xornada hai parón de liga. A fin de semana do 19 e 20 de novembro o Fabril recibe en Abegondo ao Silva SD.

Os resultados do Fabril en liga son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)