RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un Xuvenil A frouxo cae con xustiza ante o Ural CF

O Xuvenil A caeu na Coruña co Ural CF (3-0), en partido correspondente á 8ª xornada na División de Honra.

Os branquiazuis, que apenas xutaron a portería nos 90 minutos, asinaron un frouxo encontro, co que o resultado pode cualificarse como xusto.

Con este marcador, o Xuvenil A é 5º na táboa con 14 puntos.

Xuvenil A: Alberto, Iván, Pol, Yuste, Juan Rodríguez, Mario, Luque, Prendes, Paulo, Barba e Sarmiento. Tamén xogaron: Víctor Guerra, Noel e Litos.

O vindeiro venres 1 de novembro, día festivo, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Bansander, a partir das 12:00 horas.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2
Ural CF 3 - Xuvenil A 0