RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Unha gran primeira parte significa o triunfo do Infantil A en Carballo

Unha gran primeira parte foi suficiente ao Infantil A para derrotar ao Bergantiños (0-2) nas Eiroas, en partido da 11ª xornada no grupo 1º da liga Galega. Hugo Baldomar e Roque foron os autores dos goles.

Os dous tantos chegaron antes do descanso, froito dun gran arranque de partido do Infantil A. Após o descanso, o Bergantiños tivo algunha que outra ocasión, máis por erros deportivistas, aínda que o Infantil A foi o que seguiu tendo as ocasións máis claras.

Con este resultado, o Infantil A é líder con 31 puntos, por 29 puntos do Calasanz, segundo clasificado.

Infantil A: Lemos, Matías, Sergio, Rubén, Eloy, Hugo García, Roque, Iván, Quique, Hugo Baldomar e Álex González. Tamén xogaron: Álvaro, Trigo, Álex López e Lombao.

O Atlético Coruña Montañeros será o próximo rival do Infantil A.

Os resultados até a data do equipo que prepara Iván Vázquez son os seguintes:

Infantil A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Trigo, Quique e Roque) - Imperátor 0
Once Caballeros 1 - Infantil A 15 (Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García)
Infantil A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - Racing de Ferrol 1
Lugo 1 - Infantil A 6 (Roque -4-, Dani e Álex González)
Infantil A 1 (Iván) - Calasanz A 1
Polvorín A 0 - Infantil A 4 (Hugo Baldomar -2-, Pablo Trigo e Quique)
Infantil A 5 (Iván, Martín Burgos, Sergio -2- e Quique) - Santiago de Compostela 0
Oza Juvenil 0 - Infantil A 8 (Rubén, Lombao, Quique -2-, Álex González e Roque -3-)
San Tirso 0 - Infantil A 6 (Sergio, Iván, Hugo Baldomar, Quique, Trigo e Álex G.)
Infantil A 5 (Quique, Álex González, Hugo Baldomar, Sergio e Roque) - Xuventude de Oroso 0
Bergantiños 0 - Infantil A 2 (Hugo Baldomar e Roque)